09.10.17


Moi interesante o proceso de Pou construíndo a Orson Welles. Hai cousas do seu proceso que comparto e outras que non. Partindo da base de que é un mestre, eu penso que a súa idea da “impostación” da voz nos alonxa da naturalidade e polo tanto da transformación e da verdade. O docu está moi ben, métese dentro do que supuxo reflexar ese carácter indomable, esa figura tremenda que foi Welles. O que máis me gustou foron os momentos de confesión á cámara, se sobráronme os momentos seu na casa. Estou moi dacordo co que di que o actor debe imaxinar na casa e despois ir á sala de ensaio a ver si encaixan as cousas. Engadiríalle que na sala de ensaio debe seguir imaxinando, o que pasa é que neste caso en conxunto, que é o que debe ser o teatro: un amor polo imaxinario común e polo feito de compartilo en comunidade.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *