10.05.16


“Conseguir que o personaxe teña a súa liberdade en ti. Que o ti sexa xeneroso co aquel. A maxia da interpretación. A posesión controlada, ou o control irracional, a maneira que tes de chegar a ser outras e outros, quizais máis, ti, quizais menos ti. Darlle ó personaxe o que quere, pero non como un neno caprichoso, senon un fillo ó que amas de verdade. Sen amor non hai teatro dicía alguén. A misa dos profanos está a escoitar. As voces dos vivos e dos mortos queren falarse, queren enfadarse, queren aprender a vivir mentres nos quede esa opción. Mentres nos quede teatro sempre quedará algunha revolución, porque del sae o grito de vivir por enriba da ausencia, porque aquí e agora pode ser só o comezo: a voz da poesía que convive nos lazos que nos unen.”

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *