10.05.17


Volveu House ou cards, e como sempre parece que hai que ver un capítulo despois de outro obligatoriamente. É muy interesante como se centran nos fios da ambición, entran e saen personaxes todos para mostrar a forza que move a algunhas persoas por medrar, por chegar o máis arriba posible. As ganas de sentirse importantes, nunha posición de suposto respeto social. A moralidade, o que se mostra e o que non, os xogos de poder por manter a victoria pase o que pase. Sentirse gañadores a toda costa. Penso que a serie mantén o seu nivel, o que non é fácil, asegura sempre unha trama consistente e un atractivo por ver de que son capaces os protagonistas.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *