10.08.18


21.04.2017

Vives no que respiro,
nese lugar onde todo transita.
Saúdas ás miñas sensacións cando camiño,
coa sutileza dun mar en forma de vals,
a forza dun barco incontrolable.
Nese espazo,
suspirar e aspirar son o mesmo.
Paixón e soño danse da man para
facer un equilibrio perfectamente imperfecto.
Impedindo a soidade.
Non me sabía capaz de todo isto,
nin ti de todo iso.
Hai forzas que o cambian todo
porque son pura vida.
E só esperan ser disfrutadas
minuto a minuto afirmando o risco
que é vivir.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *