10.09.17


Sobrecolledora. Está feita con austeridade e moita forza. Non ten banda sonora apenas, todo parece seco e contido. As interpretacións son brillantes. Reflexa o sensentido de moitas tradicións, a forza da paixón feminina cando se ve oprimida e intenta ser controlada. A protagonista é excelente. A película non se anda con rodeos, vai directamente ó que quere contar e faino con elegancia e claridade. A tensión está sempre presente, hai varias secuencias que son realmente impactantes pola emoción que transmiten. Unha xoia moi emotiva e consistente.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *