10.12.12


O venres seguín empapándome de teatro. O Cabaret Salomé, que acaba de gañar o Xuventude Crea 2016 preséntase con forza, coa ilusión de facer. A dramaturxia de Helena Salgueiro mezcla o Salomé de Oscar Wilde, os seus elementos máis importantes, con música de diferentes musicais coñecidos como poden ser o propio Cabaret, Chicago e outros. Un equipo de artistas, músicos e actores, unidos para a diversión. Aínda que ás veces poida estar falto de ritmo, os elementos funcionan, as transicións son moi naturais co contacto co público. En tempos de crise o cabaret sempre volve, é como a táboa de salvación do entusiasmo, reside nel a forza da rebeldía e a creación. Un pracer volver a Unitaria para ver o cariño co que traballa esta xente. Parabéns!!

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *