11.01.17


Corta a mirada a liña da luz,

morde coa bágoas o sutil,

quere parecerse a ti,

e non pode.

Colle cos fios do tempo a palabra,

saborea o té do sentir

coma quen colle coa man

un paxaro en pleno voo.

Sabes,

o valente e o poético coñécense.

Viven na voz o teatro,

definen o pracer de amar as táboas.

Ponse o sol,

morre o día,

pero esperta o artificio dos soños.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *