“16 prazas. Recordoume as viaxes do instituto, pero moito mellor. Poñer o cinto do outro lado é un pouco lío, pero a todo o bo se acostuma un fácil. Digo bo polo agradable das visitas. Os lagos escoceses, fumos a varios pero hai moitísimos deles, unha chea, sonche moi húmedos. Con encanto de conto iso si. Os contos fantásticos danse moi ben, prodúcense acorde co entorno. O carácter dos pobos vai co clima, iso está claro. Pensamos que temos moita personalidade, pero realmente non é tanta. É a empatía da temperatura, que fai estragos nas nosas necesidades. Será cousa do tono, da cor, de coreografía da personalidade.”