11.03.18


Un pobo no que o mar fai ó pobo. E desfai. Domingo de misa para as tradicións do mundo, para xogar cos medos o mellor que se poida. Seres invisibles avanzan lentamente entre o temporal, sen darse conta de que realmente o temporal sempre está, dentro. Resistímonos moito a el, pero remata saíndo por algún poro que outro. Para evidenciar o caos. Nas rúas rendíanse os paraugas ante as evidencias. O vento pode máis. O murmurio que pasou a ser berrido, ladrido dun can que coñecemos pero non somos capaces de identificar ben. Porque é máis grande e forte ca nós. Nos bares falábase do mesmo, o inverno que pensabamos que non chegaba e agora está arrasando con todo. Igual é culpa nosa por querer arrasar con todo sen respeto ningún. Pero bueno a culpa é máis tema de misa que da natureza. E aquí vimos para falar da natureza.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *