11.04.16


“Os límites do frío. Ou como preguntarse sobre as táboas de salvación. Como adicarlle unha dramaturxia á desesperanza. Cando hai cartos nun sitio non os hai noutro, temos unha cidade da cultura en obras e compañías que non cobran os bolos en meses, eche así. Parece que nunca se nos deu ben dirixir as obras, igual estamos demasiado pendientes das dos demais. Ata onde podemos chegar cando non se chega a ningures, cal pode ser a poesía cando parece que hai ausencia dela, a mecánica do pozo. As profundidades dunha alma rota e tola. E desde alí navegar, a metáfora da supervivencia cando outros hiperviven. Tempos hiperbólicos. O síndrome da inxustiza co bolo alimenticio. Sempre nos quedará a lírica para soster mellor as crises de luz.”

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *