11.06.17


Se puideses tocar o vento que case me toca, os coches que case caen á auga por ti, saberías o moito que se queixaron as nubes porque cando chegaron non estabas. Xusto o tren pasara. Xusto a vida non quixo esperar. E alí nos quedamos coa cara de baleiro e as bágoas cheas do que podería ter sido. Pero a estación ten estas cousas, pode ser outono ou ti cun kimono amarelo. Nunca se sabe. Alí é onde se atopan a velocidade coa mediocridade, coa capacidade que teñen as cortinas de asubiar o teu nome sen darse conta. Pobres, non están entrenadas na felicidade que desprendes por onde pasas e asústanse, asústanse. Vounas ter que levar a un curso de poesía para elementos da casa, polo menos mentres non veñas aquí e salves o temporal cos túa presencia.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *