11.08.16


A vida e as milagres. Contáronme dun tipo que se volveu multicolor. Así, de repende. E iso non foi todo, el non estaba contento con iso. Pasábase o día enfadado, con cara de can aburrido. E toda a xente lle decía que tiña unha sorte inmensa, era un tipo orixinal e admirado por todos. E non lle vía o chiste. Non escollera aquelo. Igual aí está a diferencia, en escoller ou non escoller. O caso é que poñía roupas grises e negras, para tapar o seu carácter multicolor. E iso facía que se contrastase aínda máis. O día que se deu conta no espello que non lle quedaba outra que ser como era, as cores comezaron a desaparecer.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *