11.09.17


Preciso dese vestido verde que ilumina os campos da imaxinación. Precísote incluso sen el. As flores non importan cando tecer os silencios é un xogo posible. Imaxínote tanto, síntote tanto, que a imaxinación non chega. Voar tamén ten límites. Están nas distancias que me separan de ti. Nese limbo no que todo e nada son posibles, no que a convivencia é a única solución e resposta. E mira que me gusta imaxinar, pero o teu ser é un campo de xogos con moitas máis posibilidades que a miña sinxela imaxinación. Aínda que sexa miña, aínda que sexa pura. Só parece que serve se é nosa, se a miña pode ser túa e a túa pode ser miña. Prefiro as impurezas contigo a vivir libre nas miñas propias fantasías.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *