Xusto coincide nos onces. Ano Castelao, parece ser tamén o meu ano dalgunha maneira. Curioso. Volveu a literatura, está pousada por fin nas miñas mans, despois de tanto. O bo é que queda moitísimo, e é un gran logro que xa esté nas mans. Realmente é cedo, aínda que pareza que o camiño foi longo, pelexado. Agora ela sei que decidirá o mellor para min, e estou encantado. Preparado para todo o que está a piques de vir, que é moito moitísimo. A vela e o vento que sopra dende o norte é esa gran amiga a ficción, esa que pode sacar o mellor de nós e ser a maior aliada da realidade, xa van sendo hora de que os soños manden no mundo dunha vez por todas.