12.02.17


Recordando poemas propios con cariño!

L.1

Foi alí onde todo se queimou,
unha gota de augaardente e todo se convertiu en xelatina.

Alí estabamos nós despois do incendio. Como nas camas elásticas das festas patronais. Decidimos non comela porque estaba oscura, non era unha lasaña vexetal,

eran simplemente madeira e ramas mortas. De alí saíron os paxaros a berrar un requiem.

Paralizáronos.
Estabamos acurralados no medio da nada.

Decidimos cantar por eles por se pasaba algo. E si pasou.

Alí vimos como o verde volveu ser verde, sentindo toda a dor,

os cabalos cabalgaban sós a metros e metros de distancia, mentres a lúa saudaba ó sol de medianoite,

nunca conseguen deitarse xuntos. Levan rutinas diferentes.

Notei como as mans comezaban a ser carne de árbore, como todos nós perdiamos a pel pola corteza.
Aquela foi a última vez que me mirei a un espello

sen verme as ramas.

A alma era a mesma.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *