12.03.16


“Día de función. Movémonos pola morriña dos galegos, é dicir, galegos que se moven porque outros se moveron. Será o espírito dos cadros que nos leva a circularidade. Á comunidade dende logo que si. Galegos que perden cartos por estar con outros que intentan gañalos, e nin se coñecen. Parece a camaradería dun barco, da forza que fai unir mans para tirar dun cabo, porque sabemos da forza da natureza, igual ca os escoceses. Xentes de mans fortes, de vontades duras, xente insistente. O galego é do mundo porque ten claro o seu centro, as raíces sonche demasiado fortes como para non facelo.”

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *