12.05.17


Fargo deu un salto esta temporada, a un ambiente diferente. Segue estando xenial, pero para min ten menos forza. Seguramente a violencia sexa algo que lle queda ben a esta forma de narrar, que ten sempre unha especie de efecto de extrañamento que fai que os silencios teñan potencia. Falan neste caso de chanchullos nunha gran empresa, a través da relación entre dous irmáns xemelgos que interpreta Ewan Mcgregor. Quédanme tres capítulos por ver, estaría ben que a recta final mellorase a sensación máis ou menos neural que teño agora dela. Aínda así conseguiron un código narrativo moi forte e elegante, da gusto.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *