12.06.16


Vibrar. Fixeime e só vibraban. Co compás das aplicacións. Era un efecto sorpresa, a min tamén me pasaba. No reloxo o futuro era presente, e eso que sempre pensamos que queda no pasado. Un exercicio de efectos especiais, o salto. Intentaban que lles pasase ó mesmo tempo, pero nada. O timing da casualidade faise desacompasado. Coa velocidade dos reloxos acuánticos. Dende que inventaron esas piscinas de silencio todo parece máis en paz. Parece. O invento de unir os verbos e simplificar significados non saiu ben, pensabamos que axudaría a entendernos pero nada, a distancia segue a ser a mesma, cada vez máis.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *