12.06.17


Chegou ata a punta para berrar. Só para berrar. Alí foi parte do mar. Sen máis. Din que ata desapareceu, que a forza que puxo para soltar os nervios foi tan devastadora que xa non se soubo máis del. Uns din que esvarou polas rochas, outros que sinxelamente estourou e os cachos quedaron para os peixes do mar. Tanto ten, mellor non pensar en imaxes desagradables. O caso é que agora forma parte do vento, ou igual está escondido nalgún piticlú. Quen sabe. Igual quixo ser paxaro e agora é, estarase rindo de nós flotando no ar sentíndose por fin libre, que era o que buscaba.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *