12.08.16


Quizais un día sexamos personaxes de comic. Ser dibuxados con calma e talento, co destaque dos superheroes. Quizais algún día as conexións sexan só iso, conexións. E non teñamos que pedir perdón nin asustarnos por iso. Que as confesións deixen de ser confesións, co latir que nos une escondido en paraísos desertos, ou en caixóns que mellor non abrir por si se desestabiliza todo. É tontería porque realmente xa está todo desestabilizado. Non pasa nada se somos deformes, se temos o pasado degradado ou o futuro con planos descadrados ou fóra de sitio. Porque somos personaxes de comic. E os nenos leen atentos as nosas aventuras, eles queren ser coma nós e nós coma eles, e está ben, ese é o amor.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *