12.10.17


Aquí, lugar de todas partes
 
 Escava o ruído no pulso
da atmosfera.
Relatan os reloxos a historia
dun fío de compás.
Hoxe aprendín a palillar.
A madeira é ese lugar sobre o que non se camiña,
faise a fusión,
un té co sorriso esperto.
Entre o lugar e o fogar só hai matices,
matrices,
sementes do alén.
Cando volvín coa cara lavada
sabías a entroido,
facías que as árbores tremesen
de alegría.
O aquí é onde vive o acento,
o bosque das almas da luz.
O son do tecido vive aparte,
vísteme de ti,
fai do encaixe unha terra prometida.
A vida virxe e a pervertida
debántense en sair.
Eu calo e escoito.
Acabo de recordar o eterna que parece a carballeira
cando entras nesta habitación.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *