12.12.16


“Limpeza de sangue”, de Rubén Ruibal

1

Unha extraña nave, un amplo portal vello e descoidado dun edificio do movemento moderno que podería semellar un garaxe se polo chan non houbese cristais e lixo espallados. A única luz que hai é a que non quere a rúa dos farois ao lonxe. O único ruído que se escoita é un vento calado que abre as fendas dos muros e inunda o espazo entre as columnas; logo o eco duns pasos que entran profanando o aquel de claustro ou de igrexa en ruínas deste lugar onde todo o que se ve semellan pinturas nas paredes que cada instante nacen e morren e nunca cambian, seguindo a pauta esquecida no fondo do pasar do tempo. Os pasos son de Fernando, unha sombra de home novo, fraco e doente que se achega a unha abertura nos muros pola que entra a luz de fóra e mira ao lonxe. Vén enfadado, dálle unha patada, antes de se deter, a unha lata ou unha pedra; o ruído esperta outra sombra que descansaba: é Clemente, que dende a escuridade que o protexe fala sabendo que vai asustar.

Próximamente na Regadeira de Adela.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *