Penso que Jon Sistiaga está demostrando con este Tabú adicado ó machismo que queda moito por facer. Non se pode pretender nin podemos enganarnos pensando que con varias leis e certa imaxe de igualdade no traballo xa está feito. Os patróns machistas levan na sociedade séculos, e paso a paso debemos ir conseguindo cousas entre nós. Cada xeración e a súa educación tanto na casa como fóra da casa son claves para isto.