13.01.18


2.
O reloxo cambiou de pel xa demasiadas veces.
Contaba os tempos en alto coma quen repasa
as leccións castigado no colexio.
As horas case chegaron a saltar para darlle na cara a toda a familia. Organizaron unha persecución por toda a casa coma virxes suicidas decididas a cronometrar o territorio.
Todo o mundo se asustou,
ata as tazas de té da alacena do salón-comedor.
Invadiron as paredes
ata parecer aquilo unha casa dun matemático enfermizo.
Xiz,
pintura,

xel de baño,

manteiga que estaba na neveira….
O curioso foi que eles formaban parte de todo aquilo.
O número 3 pintado en verde era
aquel día que alguén pegou sen querer.
O número 6 era esa vez que
un rifou sen xeito ao outro.
O número 2 gravado con cristal no teléfono
era o retrato dunha obsesión.
Alí se fixo a festa das horas perdidas.
Inmunes a toda revolución con sentido.
Ninguén se enterou,
todo se limpou ao día seguinte.
Mais as emocións seguían alí,
dispostas a volver a revelarse e volver a rebelarse e volver a revelarse e volver a….

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *