13.03.16


“Parece incríble o fácil que é moverse a día de hoxe. Levántaste cedo en Edimburgo, e de noite estás movéndote co teu coche, por outro sentido diferente da carretera, como se nada tivese pasado. Nótalo no corpo iso claro, tes o peso dos quilómetros enriba. Podemos pasar do exilio ó refuxio en horas, vivir as dúas caras da morriña case a golpe dunha moeda, o azar collendo a nosa vida coa fraxilidade do vento. Movementos quizais máis amplos, pero no fondo os mesmos, as emocións como esponxa de mar gardan as imaxes. E nós adaptámonos como peixes ás circunstancias que nos tocou vivir. Olas de mar intentando aprender o feitizo de chegar unha e outra vez a praias diferentes.”

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *