13.06.16


Colle un recordo que quede no medio, nese espacio de xogo. Que non sexa vetebrador, que non sexa banal. Que quede no espacio do centro, ese amplo lugar de convivencia. E alí abre as portas, descubre algo de ti que poida ser novo, realmente non o é, pero paréceo. E iso xa é máis que suficiente. Sairán eses lugares polos que desexabas volver, porque o valioso nunca se transita de máis, porque é o máis en si mesmo, por iso non nacen contradiccións de alí. Deixa que iso se comparta, verás como a maxia é moito máis sinxela do que poida parecer.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *