13.08.18


Imaxinar pode ser realidade. Soñar unha constante, un suspiro por vir. Pechar os ollos e ter o que sempre esperaches. Saborealo aínda que non o toques. Porque xa virá. Igual resistir non é a resposta. Acostumarte a ter na cabeza unha casa que non tes no corpo. Pero aínda así compensa. Aínda así sabe a todo. Amar coa insistencia calmada. Co mellor de ti. Aínda que caia. Polo menos queda. Para canto te levantes. Levantarme sen ti é durísimo. E iso que non houbo primeira vez. Pero igual tampouco fixo falta para sentir a eternidade que sería. Todas as veces.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *