13.09.17


A FRAXILIDADE DA MEMORIA.

Podemos usar Dogville para expresar algo que me interesa moitísimo: o fácil que pode mudar a percepción que temos doutras persoas. Só fan falta detalles que nos toquen dalgunha maneira, gotas que poden ser moi pequenas pero tremendamente poderosas. Isto fala da nosa fraxilidade como seres humanos, pero tamén da nosa capacidade de aprender. Seguramente de aprendésemos a seguir aprendendo sempre, e non a encerrarnos nas nosas propias visións, estas gotas non serían tan influíntes. Actuarían dunha forma máis constructiva. A posición é estar a favor da vida, e polo tanto a forma é non deixar de crecer. Empaparnos de todo coma nenos e reflexionar coa calma dos maiores, seguramente sexa o equilibrio ideal, na teoría claro…

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *