13.11.17


Esquece Monelos estreouse en salas, e por fin conseguín velo. Podemos dicir que un documental de autora, un espello, unha terapia que quere ser reflexo dunha comunidade que desaparece igual que o fan os recordos dun ser querido. O docu vaite metendo dentro pouco a pouco, case sen querer e coa inocencia dunha directora que se fai preguntas. O feito de querer preguntarse cousas de si mesma fai abrir portas no entorno cercano, descubrindo temas que nun comezo non esperaba atopar. Moi interesante nas reflexións e sinxelo na forma, Esquece Monelos é un exercicio moi honesto que nos traslada varias mensaxes moi necesarias e útiles. A min fíxome pensar en se estamos soterrando as comunidades nas cidades, para que o ego aplaste o colectivo e deixe o sentido plural e polo tanto a ecoloxía nun plano secundario e ignorado.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *