13.12.16


O cantar do meu amor. Agualusa e António son un equipo máxico. Que pouco miramos a África. Falaba o escritor de que lle gustan os lugares comúns, de que había xente que lle dicía que saíse diso. Eu creo que é case o único que temos, os lugares de encontro, as convencións nas que podemos atoparnos. Espazos de desencontro xa hai suficientes, seguramente o feito de reinventar espazos comúns sexa unha práctica infinda, sen límite. E xa se existe beleza neles…

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *