14.03.16


“Lady Shakespeare colle forma. En agosto Edimburgo. A voar a un dos templos do teatro contemporáneo. E nós a xogar cun mundo de contrastes, a coller a maior paleta de cores e de emocións que debe ter o teatro para pintar o noso cadro, a visión feminina e propia do que é ser Shakespeare. O que a viaxe nos diga. Que non pare a música. E cos ollos ben abertos, a alma tamén, para que no corazón e na cabeza entre e filtremos todo o posible. Eu non creo nada casualidades, pero existen. Nos misterios xa creo máis, e tamén existen. Sir William é un deles, que mellor maneira de comezar un camiño no teatro que con él, sexa quen sexa. Como mínimo é a nosa pintura de liberdade, a nosa poesía escénica, o sentido deste etapa do camiño. WhoAreYouWilliam is coming, lento pero forte e con ganas, como todo o bo, ou polo menos o que quere selo.”

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *