Unha ambulancia. Pero non das normais. Alí non hai máquinas de ningún tipo. Só 5 persoas, especializadas cada unha nun campo diferentes. Traballando xuntas, como se fosen unha soa. Entrenadas para estar preparadas para calquer tristura que se poidan atopar nunha emerxencia. Apenas falan entre elas no traballo, porque o silencio é unha norma indispensable. O mecanismo é sinxelo. As persoas que o precisan chaman, porque a vida pesa e ás veces sen motivo aparente. O equipo de rescate adícalles o tempo que sexa necesario, xa hai máis comandos así que se encargan do mesmo. Se teñen que estar tres días están. Un unha semana. Ou dúas horas. O tempo non é problema. A alegría é o obxectivo.