14.04.16


“Aprender o que é a suavidade é unha tarefa complexa, un gran reto. Pensar en como será a vida dese tio que conducía o coche co que te cruzaches, que soltaba o aire do pitillo como alguén que bota fume pola voz. Imaxinades que fósemos máquinas de fume, que identificásemos a cada persoa polo rastro que deixa de cor, sería curioso polo menos. E olvidar por un tempo o poder da mirada, ese lugar no que, se pasan cousas é un campo de flores, e se non pasan un campo de minas. A convivencia do invisible cos lazos. Todas esas veces que pasa o vento e non estás para asubiar conmigo. Eche así.”

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *