14.06.16


A fecha non é o importante, só a intención. Hai xente que se atopa e do banal acaba falando do serio, soe ser o camiño habitual. Creo que a nosa amizade é especial porque se deu o camiño inverso, de citarnos no serio somos capaces de falar do banal, e é bonito así. É curioso que o “que tal todo esté ó final”, porque sempre hai cousas importantes que tratar, proxectos que avanzar, saltos por dar cara o baleiro. Supoño que Cans non nos tratou ben porque o futuro espera moito máis de nós, fai que nos quede claro que isto é só un pequeno-gran comezo, como as cousas boas da vida, que saben ser pequenas e grandes ó mesmo tempo.

Apertas meu ;).

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *