14.08.16


Para evitar a fin do mundo. Afirma. Afirma incluso o que nunca foches capaz. Ti sabes do que falo. Eso que pode ser forma e quedou no invisible. Despois sorrí. Mecanografía a felicidade, e despois rómpea. Colle o papel e fai un avión. Se queres que sexa low cost, pois vale. Se queres que sexa de guerra, pois vale. Se queres que sexa dun debuxo animado, todo ben. O que non pode ser é enimigo da túa imaxinación. Iso nunca, xamáis. En todo caso ser amigo lonxano dela, un primo que só ven de vacacións en verán. Aínda que sexa sucio, pode ser divertido. Como cando xogábamos a facer croquetas con nós mesmos na praia. Xusto así. E sempre así.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *