14.09.16


Está claro que a intelixencia e o bo humor, aínda en situacións difíciles, poden e deben ir da man. María Regueira traza unha liña moi delicada e elegante entre a tristeza e as ganas de vivir, que en xeral parece que deben estar en puntos diferentes pero non, ela atopa un lugar común no que contar a súa historia. Encantoume, está moi ben contada, con moita sinceridade e cariño, con entrega e tranquilidade. É desas pelis que non te fascinan pero quedan en ti máis do que parece, eu cada vez máis penso que esas son as boas, as que teñen a única pretensión de estar e de quedarse contigo o tempo que a deixes. O reparto xenial, dan ganas de ir descubrindo a esa María misteriosa e moi real, algo superada polas circunstancias que a rodean. Creo que é moi fácil identificarse con ela porque a todos nos superan ou nos superaron as circunstancias nalgún momento, e nos vimos como raros dunha situación aínda sentíndonos parte dela. Bravo, ganas de volver a vela.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *