14.10.16


A Harry Potter saiulle un abuelo. Non a historia é antes dicir un fillo non sería coherente. O abuelo sae dun libriño verde, dun apéndice, e queres facer case as mesmas películas que do neto. O cine cada vez se exprime máis, cabería preguntarse se o zumo está bo ou malo. Intento valorar as pelis en función de onde veñen, igual que ás persoas. Encantoume a recreación dos animais fantásticos, David Yates é un mago para as escenas con movemento, usa a cámara con fluidez e elegancia. Para as estáticas xa non tanto, parece que lle vai a marcha, se ten que parar non está contento, como un neno que precisa xogar. Tenlle o truco collido á maxia, iso é induvidable. Para min a trama non chega a ser atractiva, nótase que queren facer algo grande de algo que non o é, e iso canta. Darlle forza a algo que non a pode ter é en esencia patético. Non o digo por mal, a película é entretida e funciona, pero nas súas bases non se sustenta. Parece unha peli mala de gasters envolta polo mundo máxico. Os aurores como personaxes de Scorsese, vese raro como mínimo. O protagonista está brillante, iso é certo. Pero penso que a películas con tanto presuposto deberiamos pedirlle algo máis que o de sempre, e ademais que non nos timen facéndonos pensar que un tres é un as, neste caso non é nin cinco. A coherencia é un tema realmente para heroes do real.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *