Repasando pelis do director do novo Blade Runner. Penso que ten moi bo gusto para escoller os planos, e unha elegancia na montaxe. O xogo co amarelo é moi recurrente aquí. É unha historia sobre o poder e as consecuencias do caos actual, con certo foco na perversión que isto pode provocar. O protagonista atopa un xemelgo que é actor, e comeza a investigar. O efecto espello non lle senta ben a ningún dos dous. Certa obsesión se instala no contexto, o que xenera un misterio que a min non me acaba de interesar moito.