14.11.17


Marvel estalle collendo o gusto á comedia. E vaille ben así. Non sei se é moi coherente tendo en conta as dúas pelis anteriores de Thor, pero tanto ten. Parece que a ironía está invadindo o espíritu dos superheroes e que fan boas migas. Isto resta trascendencia e parece que o público agradece esta mezcla. Fai máis agradable e sorprendente a presenza de determinados tópicos. A peli é divertida, bastante longa pero moi espectacular. Sabemos o que imos ver, entretemento coa marca fiable de Marvel. Todo moi bonito vamos, non sei se para toda a familia pero moi bonito si. O caso é que os malos sexan cada vez máis grandes e perigosos, e os bos poucos pero moi valentes e así en bucle. Moi guapos e moi guapas tamén todos, pasamos un bo rato.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *