15.03.16


“Non me despido de ti porque non es de chocolate. Quizais se chegases a ser dulce podería comerte os beizos antes de irme. Pero onte bebiches demasiada fanta de limón, e sentouche mal de carallo. Igual te desintegraches na desilusión. Na falta de perspectivas. Só tiñas que respirar un pouco máis. Ou simplemente non era o momento, non podías ser de chocolate. Agora igual adelgazo de comerte menos, pero ata me ven ben e todo. Na porta está a cubiteira na que navegamos nas noites difíciles, esas nas que durmir era unha utopía marabillosa. Alí cantaban a canción esa das caricias, ese oasis temporal e atemporal. Cousas da Historia. Cousas de descubrir o sucre e saer nel, ser adictos da mel. Na túa pel sobretodo. As estrelas seguirán alí para facernos compañía sempre que sexa preciso e escapemos da luz artificial.”

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *