15.04.16


“Os detalles reflexan, sempre máis do que parece. Ó formar parte de nós, tan cerca, mecanografan os nosos andares. Debuxan a estadía: O estado do día a día. Que é o que sabe a lúa de todo isto? Seguramente bastante. Podemos probar a mandarlle un email, a ver se contesta. Brancura das augas, e porta da luz das vidas, escoita. Olla como se reflexan os ollos das pinceladas nese rastro que quedou no lago. Alí fíxate nas hadas, que están facendo o seu traballo: voar. Por iso son elas as que che piden permiso, queren que a auga poida transportarse ata ti. No abstracto está o minúsculo e no minúsculo o abstracto, son como un autobús de liña que percorre o que ten que percorrer, e se non te subes é problema teu.

Eu confórmome perfectamente por volver saborear o zumo das mañás coas túas tonterías.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *