15.04.17


Este vicio, cal é o motivo deste vício? Primeiro cousas evidentes, escoitar a voz dunha morta xa ten o seu atractivo de morbo na ficción. Descubrir o seu plan, os motivos que a levan a esa fatalidade é un morbo completo. Tes a sensación de estar presenciando algo tremendamente privado, e compartes ese secretismo cun nerviosismo que se fai real. A idea é redonda, seguramente con máis potencia que no libro, que aínda non lin. As cousas están no seu sitio narrativamente, non fai falta facer moito para que as cousas encaixen, só facelas ben a favor da historia. Isto pasa aquí. Nótase que hai unha novela detrás, porque ás veces as tramas de mans de guionistas “puros” teñen falta de forza, ou de consistencia ou detalles, é normal, un novelista (ou unha) ten que pensar nese mundo con detalle para expresalo. Ás veces os guións van máis rápido e directo, olvidando o entorno e os detalles da historia. Este retrato ten un transfondo ben pensado pois, e nótase. É tremendo como se ten a mesma sensación que os protagonsitas, de enterarnos o antes posible desde proceso, parece que o tempo non chega para descubrir isto. A beleza da protagonista xoga aínda máis con este misterio, igual non debería ser así pero non é o mesmo. Nótase que é unha persoa con imán, e ese imán multiplica o desexo de saber. Verei se no libro a narrativa funciona igual, de inicio non. Iso quere dicir que a adaptación está perfectamente feita. Tamén axuda que a voz en off non é a clásica voz en off, ten un sentido interno na historia, o que axuda enormemente a darlle unha forza ficcional tremenda. Menudo imán de Netflix.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *