15.06.16


J. Decidín que o de Jenni xa quedaba longo ;). É difícil escribir esto cando os mellores regalos non se fan con palabras :). E supoño que de eso debe falar isto. Eu, que seguramente o que mellor fago e case o único é xogar coas palabras, contigo non importa. Sécanseme porque todo o que hai debaixo pode moito máis. Entendo que por iso tamén me é máis fácil escribir cando estás, porque lle dou menos importancia. Xa outras cousas mellores me moven ;). Estou evitando non poñerme a escribir cursiladas evidentes, ou cousas que xa escribín que non foron poucas jajajaja.

Cando estou mal sempre hai unha parte de enfado inconsciente porque non estás, e cando estou ben sempre hai unha parte de min que sinte que podería estar aínda mellor contigo. Que esto sexa así creo que é un regalo da vida, pase o que pase :). Quérote.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *