DIARIO DE UN TIO LENTO EDIMBURGO:
10/08/16. 1a Parte.
Se un é tonto é tonto. Eche o que hai. Levantarse antes porque non querías levantarte antes para rematar esperando igual. Que todos os problemas sexan eses. 3 avións, igual que Irlanda. Esta vez dende outro lugar vital. É curiosa a falta de percepción do entorno que temos. Parece que temos o autismo desenrrolado. Polo asunto das comunidades ególatras, que é unha idea actual, é dicir, estar en comunidade en pequenos núcleos pechados que teñen interdependencia asitida. O comunitario precisaría dun saneamento da intercomunicación, porque os soportes están. Pero as intencións? Póñoo en dúbida. Hai encontros continuos que non teñen nada de encontros, son desencontros suavemente silenciados, é dicir, tapamos os sentidos sen daros conta de que o facemos. Anacronismo, arrtimia, corazóns sempre pendientes dun posible desfibrilador, que confíe en despertar as conexións gardadas debaixo do percibido pero non recibido.