15.08.16


Foi o día. O comezo de mirar cara a cara ó festival máis grande do mundo. Así, como principiantes. Como cando Messi saía a xogar con Ronaldinho e quería a pelota para el. Ti serás o mellor do mundo, pero eu son Messi. Con chulería, si. Que pasa. Se imos dar o mellor de nós non queda outra que facelo así. Ímonos dando conta de que esta chulería fai falta, que é necesaria. E que a nosa expresión se inclúa na masa. Sen máis. Para que con liberdade poida ser ou non escollida. Pero para iso temos que pintala coa máxima paixón posible. Aprender a facer isto seguramente sexa o segredo dos artistas. E non só dos artistas, probablemente, pero así queda como máis elegante. Imos comernos o mundo, e xa. E a saborealo.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *