15.08.17


Investigacións:

Unha porta pechada. Un fío de sangue flotando a cámara lenta diante da ventá. A única opción parece ser saltar. Pero non hai ninguén. O Silencio é o que salta. As bailarinas sen tutú e debaixo do marco da porta afían a súa dignidade para volver bailar. Para seguir bailando. Non só nos festivos seduce a liberdade. Coa cadeira dos medos apáganse os medios. A comunicación, o balcón da vida sobre o que gritar. As almas en celo durmen. Alguén quere abrir, é o vento, pero o traballo non se fai só. Mecanismos de disco voante, de praia deserta, de piragüistas que falan de conquistas. Na casa, que era un burdel, a auga nunca chegou entrar. Non sabiamos o motivo, non entrou. Servíanse outras metáforas, outras necesidades de salitre. Porque ás veces o único que se precisa é bicar a inmensidade do mar. E que salte polos aires a porta e o veneno de nunca durmir” 

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *