15.09.16


This is us, unha serie que me recomendaron especialmente. É do material que a min sempre me pode, as historias que poñen o foco nas propias persoas, que se fala sobre a vida mentres se está vivindo. Neste caso é un retrato familiar, feito con beleza e intelixencia, que mostra os cambios xeracionais que se producen pola sociedade en constante movemento. Os prexuízos evolucionan, as dificultades aínda que muden sempre están aí para ser superadas, iso sempre está presente. Unha familia digamos “fóra do normal”, ou diriamos incluso “fóra dun ideal” que busca ese ideal de todas formas. Ten un entusiasmo interno como poucas, moi moi recomendable.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *