15.10.16


Marvel mezclado con Nolan, tanto Origen como Batman. Neste mundo tan denso de superheroes é difícil non perderse. Gustaríame pensar que estaría ben que non tivésemos tantos superheroes de taquilla e empezar a pedir os reais, porque cada vez fan máis falta e os da ficción son todos iguais. A min a peli entretívome moito, máis alá das estructuras narrativas que son as de sempre, como unha biblia que hai que repetir cada domingo. Eu sigo coa esperanza de que alguén faga unha superproducción distinta, e lle de valor real a algo que ten tanta producción detrás, que cubra un sentido verdadeiro de novidade e fascinación, non un seguro que che cubre as espaldas para que non pases medo cando colles o coche. Eu son fan de Benedict, moi fan. Encántame a súa elegancia, sabe facer de todo e adaptarse sempre bastante ben a todo. Faiche un Hamlet como que che fai unha de Marvel, fascinante. Conste que é un heroe, seguramente o que máis me gustou dos que vin ata o momento, que se encarga “das cousas invisibles”. Xenial. Sálvase ao mundo unha vez máis, e mentres tanto o noso está cada vez peor. Estou empezando a pensar que os superheroes son protectores de persoas cobardes.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *