Recordos…
República independiente de ningures.
Toquei o mar.
Toqueino de lonxe, por si espertabas.
Sei que estás ahí.
No medio da nada, escondida.
Xogas nas ondas só para contrariar, limitas a miña fronteira
queestá na area
fría
de inverno.
Chamei á porta e estaba o vento.
Contoume que marchaches a buscar cidades oscuras
que lle falaches de min pero era marzo.
En marzo ti sempre escoitas música
nalgún balcón perdido. Europa nunca é suficiente.
Nunca miras o mar
por eso te busco todos os venres nos sitios nos que nunca te atoparei
nos sitios nos que sei que non estarás…. fágoo………………..
só por atoparme coas ondas, coma un acto mundialmente privado,
cara a cara,
recordo a recordo
perdo a pel
que nunca tiven.
Que pensei que chegaría a ter.
Si.
Sei que queres que non esté en ningún sitio, por eso vivo no mar
transítoo
mutando con cada golpe das olas vestido de paisaxes perdidas.
E espero unha visita, para ser á vez pasaxeiro e propietario
sempre fugaz,
fiel.
Fiel ó antigo. Moi perto do templo do tempo. Xa sabes onde é. Non disimules. Que parva és.
O noso antigo.
Paraíso.
Invisible.
Se volves nunha botella de cristal, asubía
asubía e
asubía ata ver que a praia está como a deixaches. Non te rindas.
Aquela tarde. Aquela inmensidade. Aquela pegada na area.
Fixemos noite.
Fixemos a noite.
Espidos berrámoslle á chuvia que podiamos volver a nacer.