16.02.17


Xogar. O mellor de traballar con xente coa que tes unha confianza tremenda é que se che olvida que traballas. De vez en cando o recordas, pero é algo que se volve circunstancial. Ter as cousas claras fai que as todo avance sen importar moito se se avanza máis ou menos, estamos onde estamos. Atreverse a plasmar o que de verdade queres contar, e ser crítico co que sobra. O perfume do que queres trasmitir é seguramente máis determinante que plasmar unha visión determinada. O camiño non vai ser fácil, pero non nos imos quedar coas ganas de poñer en xogo o máximo das nosas capacidades para coller ó público da man e que viaxe a través da nosa experiencia para que non sexa só nosa, que pase a ser común.

IMG_0855

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *